domingo, 18 de abril de 2010

REFLEXIÓN SOBRE A DEMOCRACIA


A democracia foi un invento grego. Ao principio o pobo non tiña dereito a votar. Durante a Idade Media, a minoría eran servos dun señor feudal, que a súa vez era un vasalo do rei. Cada señor feudal tiña un poder absoluto no seu feudo. Despois apareceu o Estado Moderno en Europa, e o feudalismo foi substituído pola monarquía absoluta. Nesta etapa o rei tiña o máximo poder e tamén tiña os seus propios súbditos. Despois da Revolución Inglesa, empezan a aparecer as burguesías. Máis tarde, empezan a aparecer os dereitos. Todos os cidadáns tiñan que ter dereitos e deberes, e así se fundou a democracia universal. Cando se produciu o paso entre o absolutismo ao estado de dereito, houbo moitos problemas xa que o voto do pobo non contaba igual que o clero e a aristocracia.


A democracia ten unha serie de características:

  • Sufraxio universal

  • Igualdade de voto

  • Liberdade de expresión

  • Cidadanía informada

  • Pluralidade de partidos

  • Decisións reversibles

  • Respecto ás minorías




Fontes: Libro Educación para a Cidadanía 2ºESO

Eva Vázquez Vila 2º ESO A



No hay comentarios:

Publicar un comentario