domingo, 18 de abril de 2010

Reflexións sobre a Teoría do Psicoanálise de Freud

Freud non inventou exactamente o concepto de mente consciente versus mente inconsciente, pero desde logo fíxoo popular. A mente consciente é todo aquilo do que nos damos conta nun momento particular: as percepcións presentes, memorias, pensamentos, fantasías e sentimentos. Cando traballamos moi centrados nestos apartados é o que Freud chamou preconsciente, algo que hoxe chamaríamos “memoria dispoñible”: refírese a todo aquilo que somos capaces de recordar; aqueles recordos que non están dispoñibles no momento, pero que somos capaces de traer á cosnciencia. Actualmente, ninguén ten problemas con estas dúas capas da mente, aínda que Freud suxeriu que as mesmas constituían só pequenas partes da mesma.

A parte máis grande estaba formada polo inconsciente e incluía todas aquelas cousas que non son accesibles a nosa consciencia, incluindo moitas que se orixnaran alí, tales como os nosos impulsos ou instintos, así como outras que non podíamos tolerar na nosa mente consciente, tales como as emocións asociadas aos traumas.

Dacordo con Freud, o inconsciente é a fonte das nosas motivacións, xa sexan simples desexos de comida , compulsións neuróticas ou os motivos dun artista ou científico.

O Ello, o eu e o SuperEu

O Iso ten o traballo particular de preservar o principio de pracer, o cal pode entenderse como unha demanda de atender de forma inmediata as necesidades. Imaxínese por exemplo a un bebé famento en plena rabieta. Non sabe o que quere, nun sentido adulto, pero sabe que o quere agora mesmo. O bebé, segundo a concepción freudiana, é puro, ou case puro . É o Iso non é máis que a representación psíquica do biolóxico.

Pero, aínda que o Iso e a necesidade de comida poidan satisfacerse a través da imaxe dun filete , ao corpo non lle ocorre o mesmo. A partir de aquí, a necesidade só se fai máis grande e os desexos mantéñense aínda máis. Vostede decatouse de que cando non satisfaceu unha necesidade, esta empeza a demandar cada vez máis a súa atención, ata que chega un momento en que non se pode pensar noutra cousa. Este sería o desexo irrompendo na consciencia.

Menos mal que existe unha pequena porción da mente á que nos referimos antes, o consciente, que está agarrado á realidade a través dos sentidos. Ao redor desta consciencia, algo do que era cousa vaise convertendo en Eu no primeiro ano de vida do neno. O Eu apóiase na realidade a través da súa consciencia, buscando obxectos para satisfacer os desexos que o Iso creou para representar as necesidades orgánicas. Esta actividade de procura de solucións é chamada proceso secundario.
María Pájaro Filosofia e Cidadania 1º BAC C

No hay comentarios:

Publicar un comentario